Initial D Logo

Pilotos e Coches

takumi

Takumi Fujiwara | Toyota AE86 Sprinter Trueno/Levin

Un pequeno "hatchback" económico que dou comezo a escena do drift en Xapón. Forma parte da quinta xeración do toyota corolla, e da rama Sprinter, o cal engadía unha especificación máis deportiva. Caracterizábase por ter un lixeiro chasis, a pesares de que para o segmento do que formaba parte era pesado, a sua gran maniobrabilidade, dada gracias ao excesivo sobreviraxe do tren traseiro debido ao diferencial aberto, e ao pouco rixidez traseira do chasis, permitia cambiar de dirección muy rápidamente Usaba a familia de motores 4A-GE, atmosférico, carburado ou inyección electronica, apertura variable de válvulas, e geometrica de admisión variable. A opción mái pequena producía 88 cv e a máis potente 130 cv. Todo isto conectado a unha transmisión de 5 en H de desarrollos cortos. Existían dous modelos principales: O máis potente: o Trueno, e o máis pequeno, o Levin.

ryosuke

Ryosuke | Mazda RX7 FC/FD

Coupé deportivo da serie RX (Rotary Xperiment) de Mazda. Usado por un grande número de pilotos en probas de circuito e pasos de montaña (tanto en subidas como baixadas) debido ao seu excelente chásis. O Mazda RX7 dispoñía como característica estrela o motor Wankel rotativo 13B-REW de 1.3 Litros con 2 rotores, co cal desenvolvía 280 cv e 314 Nm. Isto, unido ao seu lixeiro e equilibrado chasis, cunha reparticion de pesos perfecta ( xa que o motor se montaba entre o eixe dianteiro e o habitáculo), permitíalle moverse de curva en curva perfectamente estable. Conta con tres xeracións, pero as máis utilizadas son a 2º (FC) e a 3º (FD). O FD especializábase máis en baixadas , mentras que o FD en subidas ao Touge.

supra

Hideo Minagawa | Toyota Supra (MKIII e MKIV)

Un dos coches máis potentes e famosos do Xapón , xunto ao seu eterno rival Nissan Skyline. Nacido do Toyota Celica (creado para competir no mercado americano cos Accord e Prelude), tras anunciarse como un modelo máis deportivo déste, do cal compartiu chasis durante un corto periodo de tempo , naceu o Celica XX. Anos despois rediseñouse cun novo motor e diseño para competir co Nissan 280 zx, agora xa co nome de Toyota Supra MKII. Anos mís tarde, desenvolvese a evolución cara o modelo MKIII, o cal terá o novo motor de 6 cilindros en línea turbocargado de 3 litros, o famoso 2JZ, o cal incorporará o MKIV. Nos 90, ante o dominio de Nissan co skyline no JTCC, rediseñará o Supra en profundidade para dominar a categoría. Utilizado sobre todo en circuitos, na wangan line de Tokyo e e eventos de drift. É moi raro velo en eventos de Touge, no cal apenas se utilizaba, debido ao seu alto peso e tamaño. Dispón dun dos mellores motores do mundo o 2JZ-GTE de 6 cilindros en línea turboalimentado con 280cv e 451Nm.

Takeshi Nagazato | Nissan Skyline

O rival do Supra. Desarrollado inicialmente pola marca Prince e agora por Nissan, tras a absorción desta. O nome skyline comezou nos anos 50, pero non foi ata os anos 70 que naceu o icono do motor que conocemos agora. Nos 70 naceu o primeiro Skyline deportivo co C10, seguidamente ca famosa serie R30, da cal sairían os modelos R31, R32, R33 e R34. Ao primeiro eran modelos tracción traseira de 4 cilindros, pero dende o R31, cambiouse a mecánica a un motor de 2.6 litros de 6 cilindros turbo (RB26DETT) con Traccion Integral (GT-R). Noutros modelos, ofreciase o 6 cilindros pero con cambios menores(2.5 Litros) e traccion trasera, denominados GT-T. A pesar do seu enorme peso (1560 KG), sorprendia pola sua maniobrabilidade, gracias ao sistema HICAS (sistema de direccion total), que lle permitía maniobrar ca direccion as rodas traseiras. O motor desenvolvía 280 cv e 391 Nm de par.

KAI'S | MR2

Creado por toyota como un proyecto experimental, intentando combinar un chasis deportivo lixeiro cun motor en posición central. Ao primeiro comezouselle instalando un motor de 1.5 litros 4 en linea (3A), a pesar de que foi diseñado para albergar un motor de 2 litros, que acabariía recibindo nas dúas ultimas xeracións. Seguidamente, cambiouse o motor polo bloque 4A-GE (prestado da plataforma do Corolla Trueno) e recibindo algunha mellora, como por exemplo: a introducción dun supercargador roots e intercooler. Toda esta mecánica, combinada cun chasis lixeiro, ainda que un pouco pesado para o segmento no que se ubica..., montábaselle unha suspensión de dobles triángulos en ambos eixes, as cales foron desarrolladas por lotus na súa totalidade. O modelo máis potente desenvolvía 145 cv e 190 Nm de par, o cal o facía un modelo moi interesante para as baixadas do touge e circuitos onde o motor non sexa algo importante. Pero isto non é de todo verdá, xa que de 0 a 100 tardaba só 6 segundos, e incluso era máis rapido e dinámico que o supra. A única pega e que foi un coche infravalorado, por ser pequeno e pola fama inicial que gañou co motor inicial que montaba. Outro fallo moi grave era o snapoversteer que sufría, convertindoo na viuda negra dos pasos de montaña.